10 de out. de 2017

I CERTAME RELATO BREVE ANPA

Convócase o I certame de relato breve patrocionado pola ANPA do IES Xesús Taboada Chivite de Verín.

Temática: libre.

Podedes participar todos os alumnos do centro.

Os relatos teñen que estar escritos en lingua galega.

Haberá tres premios con dotación económica:
- Un primeiro premio con 70 euros.
- Un segundo premio con 50 euros.
- Un terceiro premio con 30 euros.

Os relatos terán unha extensión máxima de 1 DIM-A4 polas dúas caras  escritas a bolígrafo, sen asinar para garantir o anonimato. Serán entregados no despacho de vicedirección dentro dun sobre grande.
Os datos persoais de cada participante figurarán dentro do sobre grande, nun sobre pequeno.

O xurado estará composto por profesores e o departamento de Galego deste centro.

O prazo máximo de entrega será ata o 31 de outubro de 2017.

Ningún comentario:

Publicar un comentario