31/05/2016

GRUPO DE TEATRO

O pasado xoves, 19 de maio, 21 alumnos do grupo de teatro "A Tecedora de Soños" do Xesús Taboada Chivite xunto coas dúas profesoras directoras do grupo viaxamos ata Valongo (Oporto) onde participamos no festival de teatro escolar "Teatrando".

A nosa viaxe comezou o xoves a eso das catro da tarde cando cargamos o autobús e puxémonos en marcha. Iamos moi ilusionados e a mesma vez nerviosos. Ao chegar descargamos todo o atrezo no teatro donde actuaríamos ao día seguinte e puxémonos rumbo a onde durmimos. Logo de deixar todo preparado fumos a onde ceamos e esa mesma noite asistimos ao espectáculo que estaba organizado.

Ao día seguinte levantámonos, almorzamos e leváronnos a coñecer o pobo e a súa historia, visitamos unha fábrica de lousas coa visita a unha mina a ceo aberto e unha fábrica de galletas. Despois de comer fomos ao teatro e estivemos toda a tarde ensaiando ata a hora da función. Para a nosa sorpresa alí apareceu Marita (profesora de galego), Isa (profesora de inglés) e Dani (profesor de Grego), que nos veu a gravar (pódelo ver en facebook), fans nº 1 do grupo.

Os dous seguintes días realizamos unha clase de teatro cun actor portugués, Jorge Neto, con quen estivemos facendo diferentes tarefas de interpretación, relaxación... Tras rematar a clase con Jorge, os organizadores do grupo entregáronnos a cada participante do festival un diploma de participación e visualizamos o video-resumo do festival
Toda unha gran experiencia na que nos levamos todo tipo de emocións





28/05/2016

12/05/2016

LETRAS GALEGAS 2016

O alumnado de 2º ESO realizou estes magníficos traballos con poemas ilustrados de Manuel María. Pódense ver na exposición que fixemos na biblioteca do centro cos traballos pendurados de paraugas






Así recita o noso alumnado


E Iria e Alba de 4º ESO realizaron esta presentación

11/05/2016

OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES

O pasado luns, día 9 de maio, os alumnos e alumnas de cuarto da ESO tivemos a oportunidade de asistir durante dúas horas a unha charla sobre a nosa lingua veciña, o portugués.
Durante esta conferencia, aprendemos, a través de catro sinxelas unidades, diferentes países onde se fala esta lingua; as diferenzas que existen entre a nosa lingua materna e o portugués, tanto ortográficas como fonéticas; a evolución de ambas as dúas linguas ou a utilidade de saber falar galego no estranxeiro.
Desta charla podo salientar que, a parte da información que nos transmitiron sobre a lingua portuguesa, aprendemos diferentes aspectos sobre ela, que, polo menos eu, descoñecía, como a cantidade de países nos que se fala este idioma, ou a existencia de pequenos territorios dentro de grandes potencias onde valoran moito esta lingua. Tamén resaltar, que non solo nos falaron da lingua, se non tamén dos países, das súas cidades máis importantes, o número de falantes do idioma... Ademais de todo isto, explicáronnos o que significa saber galego para relacionarse con persoas doutros países e a gran vantaxe que temos sobre outras persoas neste sentido.


Para rematar, quero dar unha pequena opinión persoal sobre a charla e sobre o emprego do galego fora das nosas fronteiras.
Para min, a charla, tal como lle transmitín a outras persoas, foi moi enriquecedora a nivel cultural e paréceme que este tipo de conferencias son unha aposta moi acertada para todo tipo de persoas, ás que, simplemente, gústalles aprender cousas novas.
Por último, gustaríame dicirlle isto a esas persoas que menosprezan o galego e que o consideran inferior a outras linguas:
É certo que co castelán podemos falar con millóns e millóns de persoas, pero 600 millóns é unha cantidade insignificante en comparación cos sete mil millóns de persoas que convivimos neste planeta, así que, por que non aproveitamos que coa nosa lingua podemos comunicarnos cos case trescentos millóns de persoas que falan en portugués? As nosas linguas son irmás, empreguémolas para comunicarnos e, recordade que o que nos fai diferentes, é a nosa lingua.

Iria Vázquez Arcos 4º ESO A

10/05/2016

RATOS NA RADIO

O luns 25 de abril varios alumnos de 3º ESO participaron nun programa da emisora Cope Verín: " Ratos na radio". Rapeando ou con relatos alertaron do perigo das drogas e propuxeron alternativas ao seu consumo

05/05/2016

CONVOCADO O CONCURSO INSPIRACIENCIA

INSPIRACIENCIA concurso de relatos de inspiración científica

Gústache imaxinar a ciencia? Crear historias brevísimas? Escribe unha boa ficción científica e participa no concurso!

Presenta os teus relatos antes do 19 de maio de 2016

03/05/2016