29/03/2016

FINALISTAS RALLY DE CIENCIAS SEN FRONTEIRAS 2016!!!

O noso alumnado de 4º da ESO coordinado polas profesoras Luz Blanco e Nuria Trigueros pasaron a primeira proba e acudirán á final galega en Santiago. Parabens!!!

17/03/2016

LINGUA DE NAMORAR 2016


 A nosa compañeira Sabela Domínguez Souto de 2 de bacharelato, acaba de ser premiada por segunda vez consecutiva polo concurso Lingua de Namorar.

O ano pasado quedou no terceiro posto e este ano acadou o primero coa súa frase "Nese intre"
Cando estaba a piques de botarme a perder , gañeite.
Ligazón  

07/03/2016

CONCURSO DE RELATOS CIENCIA QUE CONTA

Ciencia Que Conta é un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

Podedes consultar aquí as bases. O prazo remata o día 1 de abril

05/03/2016

IV CONCURSO FOTOGRÁFICO ENTROIDO DE VERÍN

Xa tendes as fotografías en Twitter na conta https://twitter.com/Normacigarron1 e co hashtag #concursoentroidoverin. Xa sabedes, a retiwittear