26 de nov. de 2014

MEMORIAS DUN NENO LABREGO DE XOSÉ NEIRA VILAS

Resumen
Memorias dun neno labrego é o caderno no que Balbino escribe todo o que lle acontece na súa aldea. A familia do protagonista é moi pobre e traballa a terra e o gando dun Señor. Os país de Balbino trátano coma a un maior, pero nos seus ollos aínda se pode albiscar a inocencia propia dun neno da súa idade. A  Balbino gústalle pensar o porque das cousas e cavilar sobre o mundo. Non ten moitos xoguetes, máis é feliz , xa que se conforma con moi pouca cousa. Tampouco ten amigos e agora que moita da súa xente querida ten que emigrar a América, Balbino síntese máis solo ca nunca. Pero pronto vese obrigado, por mor dunha discusión a abandonar a súa familia e buscarse el só a vida. O único que o mantén con ilusión para seguir vivindo son esas cousas insignificantes para os ollos dun adulto, pero tan importantes para un neno.

Opinión persoal

Cando les este libro non é coma se leses o xornal ou un conto calquera, senón que te das conta do sinxela que é a vida e de que non precisamos tantas cousas como temos para ser felices. Tamén te identificas de contado con Balbino xa que é moi próximo a nós e Balbino puideron  ser os nosos avós, bisavós ou mesmo nós se naceramos nunha familia como a del. 
Leticia Lozano Meiriño 3º ESO A

25 de nov. de 2014

VISITA RUBÉN RUIBAL

O pasado mércores o dramaturgo Rubén Ruibal visitou o noso centro para falar do seu libro “Limpeza de sangue”.
Este libro é unha das lecturas obrigatorias de 1º de Bacharelato, por iso asistimos os alumnos deste curso, e a demais tamén foi posible que asistiran os alumnos do Bacharelato de Humanidades e os alumnos que pertencen ó grupo de teatro.
Rubén Ruibal falou moi abertamente do seu libro. Explicou as escenas máis difíciles de entender.
Durante uns vinte minutos aproximadamente Ruibal estivo falando sobre as distintas casualidades que o levaron a escribir o libro, sobre o seu título, sobre a orixinalidade que intentou conseguir e na que fracasou cando se deu conta de que xa había un libro que se chamaba do mesmo xeito.
Posteriormente, Rubén contestou a todas as preguntas que os alumnos quixeron facer. A primeira delas foi por que elixiu matar a un dos protagonistas e non ó outro, segundo Ruibal, esta pregunta élle formulada cada vez que fala do seu libro, asegurando que a xente o odia por haber ideado aquela morte.
Os últimos minutos con Rubén Ruibal foron dedicados á sinatura dos seus libros. Rubén Ruibal ofreceu sinaturas a todos aqueles que quixeron que o seu libro estivera dedicado.
Deste xeito remataron as nosas dúas horas con Rubén Ruibal, que para algúns quedarán marcadas na memoria.





24 de nov. de 2014

A BANDA SEN FUTURO DE MARILAR ALEXANDER

Este libro trata dunha rapaza que chega a unha nova cidade e a un novo instituto. A nena ,chamada Carlota, ten unha ferida, na cabeza, que precisa tratamento. Carlota síntese un bicho raro entre toda esa xente ,pero co tempo fai amigos e empézalle a gustar un rapaz da súa clase. Máis adiante descubre que el esta saíndo coa súa nova amiga. Ela comeza a coñecer mais a fondo a outras persoas e acaba namorándose de outro rapaz.

Este libro gustoume moito porque fala de moitas situacións nas que os adolescentes nos podemos encontrar.

Recomendo a todos os adolescentes.
ALICIA PAZ MARTÍNEZ 3º ESO B

23 de nov. de 2014

A HISTORIA DO HOME CAN DE PEPE CARBALLUDE

O libro trata dun señor que lle toca a lotaría e teno todo,tanto quere ter que quixo tamén ter a xuventude eterna e tomou un xarope que non se podía mesturar con alcol porque tería unhas consecuencias terribles como a de converterse nun can.
De aquí,pásanlle aventuras pola cidade,vai sorprendendo a xente xa que el pode falar aínda que ten aspecto de can.

A historia ocorre na cidade,na actualidade e durante dous dias,o dia antes da noite de san Xoán e o dia de san Xoán.
Gustoume o libro porque quere transmitir que o diñeiro non vale para nada cando es un can e non podes comprar nada.
O personaxe que mais me gustou é o protagonista xa que está mais preocupado pola súa muller que por el mesmo,e o que menos,o concelleiro que en vez de axudalo quixo favorecerse para si mesmo de ese caso tan especial.


Recomendo este libro a xente que lle gusten os libros de comedia xa que ten partes graciosas,e tamén é un libro curto e rápido de ler cando tes ratos libres.
Anxo Rodríguez Estévez de 3ESO C

21 de nov. de 2014

LEONEL DE ANTÓN CORTIZAS


Miguel, un rapaz de quince anos, ten que pasar o verán na casa dos seus avós en Grandal, por culpa dos seus suspensos. Alí prodúcese un cambio total da personalidade do rapaz. A súa actitude negativa cara a todo, transfórmase por medio dos seus avós. 

O misterio que rodea ó antigo habitante da casa que é Leonel, o amor que comeza a ter por Ana que é a rapaza coa que Miguel pasa todo o verán na busca dos relatos que Leonel deixou ocultos e de datos sobre a súa personalidade. Remata a historia descubrindo Miguel que non hai tanta distancia entre el e os seus avós, e comprendendo que a vida rural cos seus costumes é máis interesante que a cidade de Ferrol e os seus amigos de sempre.

O principio o libro parecíame moi aburrido pero a partir das 100 páxinas tívome algo enganchada. O final foi bastante predicible e iso non me gusto moito.

Este libro recoméndollo a xente de 14-15 anos aos que lles gusten os libros de misterio, aventuras e adolescencia.
Laura Diéguez Pérez 3º ESO B

18 de nov. de 2014

COR GRIS VIDA DE XAVIER LÓPEZ RODRÍGUEZ

O título do libro é Cor gris vida , gustoume moito o seu argumento e quixen ler máis.O autor é Xabier López Rodríguez , é un xornalista que naceu no 1956 , nunha aldea zamorana na que se fala galego , gústanlle as historias sinxelas pero con emoción e este libro vense reflectido na defensa do medio natural.
Conta a historia dunha moza de 15 anos que ten problemas de entendemento co seu pai , este é un desconfiado e machista .
Para que non se vexa con Carlos , o mozo que lle gusta , envíaa a un campamento de verán en Sanabria . Os episodios vividos alí non darán para mudar a cor da súa vida , mais si para desapegar un chisco da tristeza que lle provocan os conflitos domésticos e para abrirlle unha porta a esperanza .
É unha historia triste aínda que ao longo da lectura vai mellorando . Os personaxes que máis me gustan son ela e a avoa porque é coa única persoa da familia que ten confianza e ca que se leva moi ben todo o contrario que co pai.
E recoméndolla a todos os rapaces porque ela é de máis ou menos a nosa idade coa que podemos ter moitas cousas en común .
ANA SALGADO MARTÍNEZ 3ºESO C

17 de nov. de 2014

KUMBARIKIRA



Os nenos de Santa Rita de Castilla, capital da zona de Parinari, no distrito de Loreto, en Perú, piden ó presidente do seu país que non se siga a contaminar o seu río, o Marañón, que sofre verquidos de petróleo de compañías que operan a carón del e estragan o medio ambiente nesa zona da amazonía peruana.
Este é o enlace ó blog Santa Rita de Castilla, onde se fala do verquido de petróleo nese territorio, onde vive o grupo indígena Kukama:



Este grupo indíxena ten como lingua propia o Kukama, una lingua con cada vez menos falantes. O uso do kukama, para que non se perda, é reivindicado neste vídeo:



Queremos achegarmos ós nenos e nenas kukama e apoialos nas súas loitas (medioambiental e lingüística) Por iso imos gravar un vídeo no que, como eles, rapeamos na nosa lingua propia e ademais cantamos o estribillo en Kukama que eles empregan na súa canción (Kumbarikira). Isabel Cota está a coordinar a actividade.

Participa alumnado de 1º, 3º e 4º ESO e 1º Bacharelato.






A continuación podedes ler información que nos mandan dende Perú;
A ESCOLA IKUARI: PARA A RECOPILACION DE MEMORIAS E A ENSINANZA DA LINGUA KUKAMA.

Se é difícil establecer o número de persoas kukama, o grao de dificultade non diminúe ó tratar de saber cantas persoas falan kukama. Por ser un idioma minoritario en Perú e por pertencer a un grupo indíxena ten que enfrentar o estigma da discriminación. Por iso segue a ser no extenso territorio da amazonía un idioma falado en segredo, situación que a proposta comunicacional de Radio UCAMARA dende a Escola IKUARI e o Colexio Nuestra Señora de Loreto intenta axudar a superar principalmente no Distrito de Nauta. Nos últimos anos houbo unha revalorización importante e xa existen algúns colectivos que non teñen medo nin vergoña de falalo en público. Gran parte da memoria dos nosos pobos recupérase coa visibilización da lingua. A viabilidade do kukama dependerá en grande medida de se as novas xeracións se interesan por el.

A escola IKUARI abriuse en agosto de 2012. Realiza as súas actividades de ensino da lingua Kukama en dúas modalidades: canto e narración. As persoas que ensinan nesta escola non convencional son os propios falantes de kuakama, que tamén participan na radio con dous programas exclusivamente en lingua Kukama “Kukamakana katupi” (Os Kukama aparecen). Neles recóllense memorias sobre a vida dos Kukama que despois son empregadas nas clases. Produto desta experiencia é o vídeoclip KUMBARIKIRA (con forte impacto a nivel nacional) e o que estamos a lanzar, UPUPURIKA.

16 de nov. de 2014

RÚA CARBÓN DE MARILA ALEIXANDRE


Esta historia trata sobre ETA e xa que non é un tema habitual en libros pareceume interesante lelo.

Rúa Carbón conta como Paula, no verán que pasa coas súas avoas e grazas ao apoio de Martín e do diario da súa nai, vai descubrindo como morreu de verdade seu pai e a verdadeira imaxe deste, enfrontándose a cousas que antes apenas se atrevera a mencionar.
É un libro bastante interesante por cómo se relaciona a historia dos país de Paula coa de Martín e Paula.

Os personaxes que máis me gustaron foron Paula e a súa nai, ambas pola súa fortaleza, en casos distintos pero sempre polo mesmo tema.
Quizais o personaxe que menos me gustase fora Martín, polo feito de mentirlle a Paula nunha cousa que el mesmo sabía que lle facía dano.

Saioa Zozaya de 3 ESO C

15 de nov. de 2014

MUTACIÓNS XENÉTICAS DE FINA CASALDERREY


O protagonista deste libro chámase Hadrián, un neno que vive en Cambridge, e ten que ir pasar un mes co seu avó, un científico moi extraño que leva vinte anos escondido. O seu avó esta traballando nun proxecto que pode cambiar o mundo e Hadrián axudaralle a que se faga realidade o soño que quere levar a cabo o seu avó, acabar coas desigualdades no mundo.

A min este libro gustoume moito. O que máis me gustou foi a evolución persoal de Hadrián, porque ó principio viámolo coma un neno caprichoso que non quere ir onda o seu avó, pero o longo do libro vai collendo moita forza e adquire unha personalidade propia dun adulto, e comeza a querer o seu avó, que é unha das cousas máis importantes para min.

Recomendo este libro a todas as persoas. Paréceme que as mutacións xenéticas é un tema pouco empregado na literatura e que merece a pena ler este libro para enterarse un pouco máis de que vai a cousa e pasar un tempo divertido mentras gozas da lectura.

Iria Vázquez Arcos 3º ESO C

14 de nov. de 2014

ACTIVIDADES DO CLUBE DE LECTURA

En coordinación cos Poemas do Río de Cristina Corral Soilán os nosos alumnos e alumnas a escribiron os seus e descubriron poetisas galegas (como ocorre na obra teatral de Cristina Corral). Leron os poemas creados por Noa, de 4º ESO e os de Cristina, Laura, Omaima, Rimsha, Nohaila, Ashley e Ana María (quen tamén compartiu conosco poemas en romanés), todas elas de 1º ESO.

Ademais Román e Cristina Salgado seleccionaron os seus poemas favoritos do último libro de Carlos Negro, Penúltimas tendencias, que fala da dignidade das mulleres e fai unha crítica dos valores que transmite a sociedade.

13 de nov. de 2014

LETRAS DO MUSICAL MAMMA MIA EN GALEGO!!!

David Rodríguez e Isabel Cota fixeron un enorme traballo traducindo do inglés esta selección de cancións. Ademáis Hortensia Arcos revisounas e correxiunas. Moitas grazas a todos pola vosa enorme labor normalizadora da nosa lingua.

12 de nov. de 2014

"O PAZO BALEIRO" E " O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORAM" POR NOEMÍ DANTA



"O Pazo Baleiro", conta a aventura de catro rapaces e o tío dun deles que comeza coas vacacións de Nadal en Eiravella, a súa vila. Atopan unhas cartas que os levan a resolver un antigo misterio do pazo da vila, e alí dentro sucederán moitas cousas sorprendentes. 
A miña opinión sobre o libro é negativa, porque non me gustou, fíxoseme moi aburrido e moi pesado.
Recoméndollo á xente que lle guste o misterio e as aventuras.













O libro  " O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORAM"  trata sobre a vida dun neno de 11 anos chamado Momo, que foi abandoado pola sua nai nada mais nacer.Momo , criouse practicamente só, porque seu pai non lle prestaba moita atención. Un día coñeceu ao señor Ibrahim co que entablaría unha amizade.
 Máis adiante seu pai abandonao e sucidase, a partir de ahí a sua amizade con Ibrahim creceu moito,ata o punto de que chegou a ser seu pai.
E ahí comezaría a aventura.
A miña opinión é positiva xa que este libro  gustoume moito, o final é moi bonito e o principio, da unha idea totalmente contraria ao tema do libro.
Recomendolle este libro as persoas que non lles guste leer porque creo que lles faría cambiar de opinión. 

Noemí Danta Diz de 3º ESO B

11 de nov. de 2014

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA DE INGLÉS EN LEKAROZ (NAVARRA)


O día 12 de outubro saímos de Verín un grupo de 25 alumnos e alumnas de 2º da E.S.O. e dúas profesoras (Maite e Nuria) con destino a Lekaroz (Navarra), grazas a unha subvención do Ministerio de Educación e Ciencia. Para a obtención da mesma as profesoras acompañantes tivemos que presentar un proxecto didáctico relacionado co tema “English around the world”.
O noso proxecto foi cualificado coa terceira mellor nota de Galicia co que finalmente fomos seleccionados para participar no proxecto de inmersión lingüística en inglés.
Os días que pasamos no Campamento de Inglés foron compartidos con outro grupo tamén de alumnos de 2º da E.S.O. que viñan de Lleida. A convivencia foi moi interesante por parte de alumnos e profesoras. O comportamento dos nosos rapaces foi altamente satisfactorio e a súa participación no desenvolvemento das actividades diarias exemplar.
As actividades foron coordinadas por sete profesores nativos que falaban constantemente en inglés ós nosos alumnos. O primeiro día observamos as dificultades dos nosos alumnos para comunicarse , pero ao longo da semana puidemos comprobar a mellora que se ía producindo, chegando incluso a dirixirse a nós en inglés como primeira lingua de comunicación.
O tempo foi espectacular, por contra do que sucedía en Verín (semana pasada por auga). As instalacións envexables, tanto no interior como no exterior. As actividades propostas polo equipo de traballo axeitadas ao nivel dos alumnos e o proxecto proposto polas profesoras acompañantes foi levado a cabo integramente.
A experiencia foi altamente satisfactoria para os alumnos e para nós, co que esperamos poder participar nun proxecto semellante nun futuro próximo.
MAITE GONZÁLEZ E NURIA TRIGUEROS

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

10 de nov. de 2014

COS PETOS CHEOS DE CINZA por ELIA DOPESO DE 3º ESO


RESUMO:

Esta historia cóntanola unha rapaza anónima, sen nome. Narra os feitos dunha nena chamada Dorotea, que paseando polo bosque bate con Don Guillerme un trasgo falangueiro que lle conta sete historias para ela. Perico Picapiñeiro, a Serpe Amarela, Pedriño, a Loba Balbina, a Gaivota Azul, Etel e Larpeiriña son os habitantes deste mundo fascinante.

OPINIÓN PERSOAL:

O libro en xeral non me gustou moito, polo surrealismo das historias, ao mellor non lle botei a suficiente imaxinación para que me chegara a fascinar, pero había algúns capítulos que si me chamaron a atención como o da Polba Larpeirña, unha polba cun estómago moi grande capaz de comerse calquera cousa e o de Perico Picapiñeiro un paxaro co peterio moi débil e a mesma vez algo vago, quizás chamáronme máis a atención este capítulos entre os outros porque me vin reflexado con eles, xa que teño un apetito moi grande e son algo vaga.

RECOMENDACIÓNS:

Recomendariao a xente que vivise nun mundo ateigado de humorismo, ironía e maxia, porque neste libro reflíctese exactamente iso.

7 de nov. de 2014

MANIFESTO ÁNGEL CARRACEDO POLA CIENCIA EN GALEGO


Manifesto escrito polo científico galego Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia que se conmemora tamén na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Manifeto Angel Carracedo by ofiadeirodalingua

5 de nov. de 2014

VIDEOCONFERENCIA DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Na videoconferencia, que deu comezo ás 12:00 e tivo unha duración dunha hora, Manuel Caeiro Rodríguez, Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo, ofreceu unha charla para o alumnado do 2º ciclo da ESO e o Bacharelato baixo o título “A ciencia de proramación de ordenadores (tamén en galego)”.
Nela, o profesor Caeiro introduciu a historia da programación de ordenadores dende a
orixe do algoritmo dos árabes pasando por Ada Lovelace e Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. O relator amosou ferramentas coas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidamos facer, tamén en galego, os nosos programas.
Deixámosvos algunhas fotos




IMOS PREPARANDO O MAGOSTO

Especial Revista Raigame

3 de nov. de 2014

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe, 4 de novembro celebramos o dereito a gozar da física en galego. Mañá xunto con outros 100 centros de toda Galicia participaremos na videoconferencia organizada pola Coordinadora Galega de ENDL na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade.


Animámosvos tamén a que vexades estes dous vídeos sobre a ciencia feita no noso idioma



Enlace ao vídeo