28 de abr. de 2014

PREMIOS LITERARIOS MINERVA

Moitos parabéns a Ana María Añel Prieto de 1º de BAC. Primeiro Premio da 42 Edición dos Premios Literarios Minerva na modalidade de narración

http://www.peleteiro.com/sec-actualidad-noticia.php?id=188

4 de abr. de 2014

CONCURSO DE RELATOS INSPIRACIENCIA

INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico e participativo. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos. Combinalas pode xerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. Inspiraciencia pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia, dende a ficción.
Modalidade única. Poderanse presentar relatos curtos dunha extensión máxima de 800 palabras.
Categorías. O concurso ten dúas categorías: público xeral (a partir de 18 anos) e público xuvenil (de 12 a 17 anos). Os participantes deben rexistrarse e poden enviar un relato curto en calquera lingua do concurso (catalán, castelán, galego e éuscaro). Cada participante pode presentar máis dun relato, e un máximo de catro relatos, sempre que estes estean escritos en linguas distintas.
Linguaxe. Os relatos poden estar escritos en catalán, en castelán, en éuscaro ou en galego.
Consulta as bases do concurso e inspírate!
http://www.inspiraciencia.es/gl/

3 de abr. de 2014

PRÁCTICAS DE DISECCIÓN DE ÓRGANOS

Nas últimas dúas prácticas de laboratorio que tivemos, realizamos a disección dun pulmón e dun corazón, os cales eran de porco, de cordeiro ou incluso de vaca. A finalidade, era o estudo anatómico destes óganos, así como o funcionamento de cada unha das súas partes principais, fixándonos na forma, tipo de tecido, consistencia, tamaño, dureza, etc.
O certo é que foron experiencias moi enriquecedoras. Era a primeira vez que facíamos unha práctica deste tipo, e por iso estabamos bastante emocionados. Ninguén tivo problemas, nin sequera noxo á hora de manipular os órganos, e por iso, aínda que tiñamos un procedemento establecido que todos seguimos, experimentamos pola nosa propia man, cortando e tocando onde queriamos. Ademais, gracias á isto puidemos adquirir habilidades na disección de estruturas corporais, o que nos vai ser moi útil para os nosos estudos posteriores, nos que seguraremte todos teñamos que facer cousas deste tipo, debido ao bacharelato que estamos a cursar.
Agora despertouse en nós a curiosidade e a necesidade de seguir explorando desta maneira, para coñecer cada vez mellor como son os seres vivos que habitan o noso planeta, e iso é algo moi positivo.
Persoalmente foron as prácticas que máis me gustaron, e estaría encantada de repetilas pronto.

Inés Vaz Ogando 1ºBACH, A.




2 de abr. de 2014

FACENDO MAQUETAS NA CLASE DE CIENCIAS NATURAIS

Durante o segundo trimestre os alumnos de 3º de ESO tivemos como traballo a creación, por grupos de dúas ou tres persoas, dunha maqueta relacionada con órganos ou aparatos que interveñen nas funcións de nutrición, relación ou reprodución.
Estas maquetas debían incluir as partes sinaladas e un inventario (cos materiais empregadas, o proceso de creación e a distribución do traballo).
Realizamos maquetas moi diversas: pulmóns, aparato excretor, un ollo, o aparato dixestivo e un longo etc. Os materiais máis utilizados foron sobre todo a plastilina e o cartón, pero tamén se empreñaron outros como polispán, tubos de plástico, xeso etc…
A miña experiencia realizando a maqueta foi moi satisfactoria. Realiceina en conxunto con Ánxela e Miaka, e realizamos unha maqueta do aparato excretor con plastilina e cartón. Pasámolo moi ben durante o proceso, porque non é un traballo pesado nin aburrido, senón que pomos en práctica a teoría cun traballo relativamente sinxelo e entretido. Por iso creo que debemos seguir realizando actividades deste tipo, coas que ademáis podemos mostrar un pouco a nosa creatividade.

Alberto Rivero Manso