24/02/2014

HOMENAXE A ROSALÍA


No IES Xesus Taboada Chivite sumámonos aos actos que durante este mes se desenvolven para celebrar o Día de Rosalía,o 24 de Febreiro, coincidindo coa data de seu nacemento.
Para iso montamos un mural, que permanecera todo o mes exposto, no cal iremos colocando os versos de Rosalía que o alumnado dos catro cursos da ESO nos vai aportando.Propuxémoslles que escribisen uns versos dela ou ben escribisen eles un verso para a autora.Aos alumnos de Bacharelato propómoslle que a través dun cuestionario de preguntas indaguen sobre a vida e obra da autora.Aquí vos achegamos a nosa homenaxe.

18/02/2014

COUSAS DE 4º ESO

Os alumnos e as alumnas de 4º ESO de Elvira fixeron un fermosísimos traballos nos que se combinaba expresión escrita e debuxo inspirados nas Cousas, de Castelao.

http://linguagalegatic.blogspot.com.es/2014/02/cousas-de-4-eso.html


17/02/2014

CONCURSO FOTOGRÁFICO ENTROIDO DE VERÍN

Participade neste concurso fotográfico sobre o Entroido de Verín. Facede fotos durante estas festas coas vosas cámaras, móbiles… e gañade o concurso.
• Tema: O ENTROIDO 
• Para toda a comunidade educativa dos IES GARCA BARBÓN, CASTRO DE BARONCELI E TABOADA CHIVITE En formato dixital
• Farase unha exposición coas fotografías presentadas e todos votaremos polas nosas favoritas
• Haberá agasallos para as máis votadas
• Mandar ao correo: ofiadeirodalingua@gmail.com ou concursoentroidoverin@gmail.com antes do 14 de marzo as túas fotos co teu nome e centro educativo.


11/02/2014

HOMENAXE A ROSALÍA


No IES Xesus Taboada Chivite sumámonos aos actos que durante este mês se desenvolven para celebrar o Día de Rosalía,o 24 de Febreiro, coincidindo coa data de seu nacemento.
Para iso montamos un mural, que permanecera todo o mes exposto, no cal iremos colocando os versos de Rosalía que o alumnado dos catro cursos da ESO nos vai aportando.Propuxémoslles que escribisen uns versos dela ou ben escribisen eles un verso para a autora. Aos alumnos de Bacharelato propómoslle que a traves dun cuestionario de preguntas indaguen sobre a vida e obra da autora. Aquí vos achegamos a nosa homenaxe.