17 de dec. de 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO



Secundando a convocatoria da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización, o IES Taboada Chivite sumouse os centos de centros escolares que por toda Galicia quiseron homenaxear a Celso Emilio.





3 de dec. de 2012

29 de out. de 2012

SAMAÍN 2012

Os compañeiros do IES de Melide elaboraron este vídeo didáctico que nos conta a lenda do Samaín coa sempre atractiva música de Mamá Cabra. Disfrutádeo.

Vídeo didáctico sobre o Samaín con música de Mamá Cabra from Falamelide TV on Vimeo.

16 de out. de 2012

EXPOSICIÓN DE COGUMELOS

Os alumnos de primeiro da ESO coa colaboración do Departamento de Ciencias Naturais organizan unha exposición de cogumelos no noso instituto.
Do 22 ao 26 de novembro no laboratorio 1 (Hora de lecer)
Disfrutadea




24 de xuño de 2012

OBRA DE TEATRO FIN DE CURSO

O día 21 o alumnado do grupo de teatro do IES, dirixido pola súa profesora Elisa Vilela Pardo, membro do EDLG, representou a obra "O Reino de Verín".
resultou ser unha peza teatral maxistralmente representada polo alumnado e sobre todo foi moi interesante por estar ambientada en Verín e comarca. Permitiunos volver a época dos romanos con personaxes como a Raíña Lupa, os centurións, a pitonisa etc,



 FOTOGRAFÍAS DA OBRA "O REINO DE VERÍN".

E dende este blog, queremos desexarvos a todos unhas felices vacacións e moitos parabéns   para os alumnos e alumnas que aprobaron todo.



FELICES VACACIÓNS !!!








18 de maio de 2012

PREMIOS LITERARIOS

O 17  de maio, día das Letras Galegas, tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Verín, a entrega dos premios literarios correspondentes aos Certames de Poesía "Xosé Carlos Caneiro" e de  Relato Curto "Antonio Fernández Pérez".
Acadaron o 1º premio as seguintes alumnas:
  • Mercedes Castro Cid, de 2º da  ESO polo .poema "Eu".
  • Marta Cid Nieto, de 2º da ESO polo relato "A certeza dun soño".
  • Lucía Díaz Nicolino, de 3º da ESO polo relato "Tráfico de emocións".

Fotografías  realizadas por Javier Rodríguez.



Ademais tamén obtivo o 3º premio   Ana María Añel Prieto  de 3º ESO.
Resultaron finalistas  os seguintes alumn@s:
  •  Joseba Delgado Parada.......... 2º ESO.
  • Noa Pérez Núñez.................... 1º ESO.
  • Sabela Domínguez Souto......... 2º ESO.
  • María Romero Rodríguez......... 2º ESO.
  • Esther Estévez Casado............. 3º ESO.
  • Victoria Pérez Gascón.............. 4º ESO.
PARABÉNS!

















XORNADA DE XOGOS POPULARES

O 9 de maio realizouse no IES "Xesús Taboada Chivite" unha xornada de Xogos Populares. Esta actividade levouse a cabo coa  colaboración do Centro de Cultura Popular e dos Departamentos de E.Física e do E.D.L.G. O alumnado participante foron de 1º da ESO e os xogos que se  fixeron foron  "A Porca" e o "Pino".



                                                                  Enlace para ver fotografías.
F



eE







1 de maio de 2012

DOCUMENTAL "BRASIL SOMOS NÓS"



O  vindeiro 3 de maio o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO poderá participar  na proxección da longametraxe documental protagonizada polo músico Carlos Núñez, nin dicir ten que é un dos mellores documentais galegos que se teñen feito.
A Historia narra a procura do bisavó de Carlos Núñez no Brasil, onde emigrara e onde parece ser que foi asasinado.
O documental investiga os nexos musicais que existen entre Galicia, Brasil e Irlanda.



VISITA DE ESTEVO CREUS

O pasado xoves 19 de abril, o poeta Creus Andrade, autor dos dous poemarios (Poemas da cidade oculta e O libro dos cans) visitou o noso IES da man do club de lectura A árbore vermella.
Este club traballou arreo todo o curso sobre os poemas deste autor. A  experiencia resultou espectacular, dende, por suposto a visita do poeta pasando polo  poema que aganchou polas paredes do instituto  ata aula de plástica onde se atopaba unha impresionante casa do mesmo tamaño que a que nos amosa Estevo Creus no Libro dos cans.
PARABÉNS AOS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA!!!
                                              Visita Estevo Creus

13 de abr. de 2012

VISITA DE ESTEVO CREUS ANDRADE

O vindeiro xoves, 19  de abril  ás 16,30 no Club de Lectura "A Árbore Vermella" o poeta  Estevo Creus acudirá ao noso IES para compartir con tod@s os que o desexedes algúns dos seus poemas.
¡Estades tod@s invitados!

 Ver o seguinte enlace  :club de lectura "A árbore vermella"

28 de mar. de 2012

"RUTAS DA AUGA , CAMIÑOS DE VIDA"

O alumnado de 1º da ESO , acompañados polos seus profes: Javier, Marita, Elisa, Rosa e Carmen, foron hoxe día 28 de marzo, a visitar o Balneario de Cabreiroá para coñecer e valorar a riqueza do seu entorno xa que Verín é moi importante pola calidade das súas augas, así como polos numerosos balnearios e fontes que posúe.

                                            BALNEARIO DE CABREIROÁ









  


27 de mar. de 2012

CONFERENCIA DE ANTROPOLOXÍA

Hoxe, 27 de marzo ás 9.40 o alumnado de 4º A da ESO e 1º Bacharelato A asistiron a unha conferencia do Antropólogo Forense  Fernando Serrulla Rech sobre  Antropoloxía Forense.
A conferencia estivo estruturada en dúas partes: 1ª EXPOSICIÓN EN POWER POINT sobre:
O traballo dun antropólogo forense.
  1. O levantamento do cadáver en Antropoloxía Forense.
  2. Técnicas de Identificación Humana.
  3.  Causas de morte. 
  4. O caso de Cova Arcoia.

 2ª .-PARTE PRACTICA: Exame de dous esqueletos atopados  en Cova Arcoia de 14 y  25 años de idade que faleceron por causas violentas.

Esta actividade foi realizada polos compañeir@s do Seminario de Ciencias Naturais e coordinada polo EDLG.
Grazas  compañeir@s por facer posible que os noso alumnado poda participar nesta actividade tan interesante.
E  por suposto moitísimas grazas a Fernando pola súa inestimable, maxistral e desinteresada  colaboración, unha vez máis.












16 de mar. de 2012

GRANDES MULLERES DA HISTORIA


 



O pasado día 12 de marzo varias alumnas do IES Ribeira do Louro (Porriño) dirixidas pola súa profesora Virxinia Calviño visitaron as aulas do noso IES representando monólogos teatrais de mulleres célebres.
Foi esta unha actividade realizada en colaboración co Club de Lectura e coa Biblioteca  para conmemorar o día da Muller Traballadora. Tamén fixemos un mural cos nomes de mulleres importantes e de mulleres traballadoras do noso Instituto: profesoras, persoal subalterno, persoal da limpeza, cafetería etc....



28 de feb. de 2012

            
 "O CICLO DA AUGA"    -   RAP

Os alumnos de 1º Eso D dentro do proxecto de Dinamización da Lingua Galega, elaboraron este curioso rap froito do seu esforzo. Grazas aos profesores Isabel  Cota e Javier Rodríguez
pola súa implicación.


7 de feb. de 2012

Día da Paz

"DÍA DA PAZ"
            
  30 de xaneiro de 2012

    Neste día e durante toda a semana celebramos o día da Paz, para traballar sobre este valor os alumnos de 1º da ESO co seu profesor Javier Díaz fixeron este precioso mural.


 


    O resto do alumnado traballou poemas sobre a Paz, uns son da propia elaboración dos alumnos e alumnas e outros son de coñecidos autores.




Poemas da Cidade Oculta

ESTEVO CREUS 

“POEMAS DA CIDADE OCULTA”

     Este ano no Club de lectura A Árbore Vermella  leranse os poemas deste autor galego que naceu en Cee (A Coruña)  e que dende  o seu libro “Poemas da cidade oculta” nos  fai reflexionar sobre os sentimentos e a vida .


    O Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén colabora con esta actividade. Por iso dende este blog animámosvos a todos a participar  os xoves pola tarde no club de lectura  compartindo  os poemas deste poeta da nosa terra.


13 de xan. de 2012

"ADIVIÑA QUEN É"

    Unha nova edición do Concurso "Adiviña quen é" comeza da man do Club de Lectura A Árbore Vermella, esta vez coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xa que o persoeiro pertence ao eido da cultura galega:


20120112225741-escritor-desenfocado.jpg¿Quen é?


¡Ánimo Sherloks... a buscar pistas! Para atopalas debedes entrar no blog do Club de Lectura.

                                



     ¡SORTE!