27/12/2011

CONCERTO DE PANXOLIÑAS-2011
"IES XESÚS TABOADA CHIVITE"


O pasado 21 de decembro o alumnado do IES "Xesús Taboada Chivite" celebrou a chegada do Nadal cun concerto de panxoliñas e doutras interpretacións que foron guiadas polos seus profesores de música: Rubén Veloso e David Rivada. Tamén se fixo entrega dos premios acadados no concurso de "Tarxetas para o Nadal" .
A continuación podedes ver :  fotografías  do Nadal 2011    e vídeos do evento:




               
 



  





 





¡BOAS FESTAS DE NADAL!!
E agora un pouquiño de boa música para estas datas.






26/12/2011


LECTURAS PARA O NADAL

   FOLLETO DE LECTURAS PARA O NADAL:     Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Adultos Publicado pola Coordinadora EDL  da  comarca de Verín




08/12/2011


PREMIOS ACADADOS NO CONCURSO 
DE TARXETAS PARA O NADAL


O xurado composto por:

  • Juan Guerra López.              Director do IES "Xesús Taboada Chivite"
  • Javier Díaz García.               Xefe do Departamento de Plástica e Debuxo.
  • Victor Rodríguez Romero.  Profesor de Plástica e Debuxo.
  • Carmen Rivero Gallego.      Coordinadora Equipo Dinamización da Lingua Galega.

Acordaron conceder 0s seguintes premios:
  • 1º Premio:
Ivana  Rivera Acosta  -1º ESO D

  • Tarxetas finalistas :

María Pérez Fernández.    
                                                             

Tamén resultaron finalistas os traballos de:



18/11/2011



O NOSO TABOLEIRO

Dende o mes de setembro estamos a facer un novo taboleiro que leva por nome "A Nosa Lingua".
Coa inestimable colaboración do profesor do Departamento de Plástica e Debuxo, Javier Díaz García, os alumnos de 1º da ESO elaboraron  diversos debuxos e murais alusivos a historia e a lingua de Galicia que serviron para ilustrar o poema completo do poeta e escritor galego Darío Xohán  Cabana que leva por título "A Historia da nosa Lingua".





Ver murais e debuxos  do alumnado de 1º da ESO, baseados nas ilustracións de "Apuntes sobre a historia de Galicia" editado por  "A Nosa Terra". Ver tamén  Debuxos individuais .


08/11/2011

CONCURSO TARXETAS DE NADAL




CONVOCA:

CONCURSO DE TARXETAS DE FELICITACIÓN 
PARA O NADAL. 

BASES:
  1. Poderá participar todo o alumnado do IES. 
  2. Presentarase una soa tarxeta por persoa. 
  3. Poderase empregar calquera tipo de material. 
  4. A lingua empregada debe ser o galego. 
  5. O formato final será de 10,5 x 15 cm. 
  6. Haberá una tarxeta gañadora, que será a que se imprima e represente ao noso Centro como felicitación oficial para o Nadal . 
  7. O gañador ou gañadora, será galardoado cun lote de libros e un diploma acreditativo.
  8. O último día de entrega das tarxetas é o 25 de novembro na aula de plástica e debuxo aos profesores responsables. 

04/11/2011


        4 de novembro - Día da Ciencia en Galego

       Para  poñer en valor o uso do galego no ámbito científico e contribuír a promover a investigación desenvolvida na nosa lingua a Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística  propúxonos esta videoconferencia do investigador galego: Ánxel Carracedo, vía web, para escolares de secundaria.


      Ángel Carracedo  mediante videoconferencia deu unha clase maxistral  no IES Xesús Taboada Chivite a alumnos de 4º Eso e 1º Bacharelato sobre:  "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial". Esta experiencia resultou do máis interesante.

Fotos da videoconferencia.ofiadeirodalingua

Agradecer a inestimable colaboración do Departamento de Ciencias, Vicedirección e profesores asistentes á conferencia.




      Hoxe ás 12.30 o alumnado de 4º da ESO e 1º bacharelato asistirán a unha videoconferencia:  "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial"  impartida por Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal e   director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.

02/11/2011

Cousas da Morte


     

     Parabéns para o Grupo de teatro do  IES :  a adaptación da obra de teatro Cousas da morte” de Euloxio R. Ruibal foi magnífica e moi apropiada. 
     A continuación tedes un enlace para ver as fotos, e un vídeo  1º parte e 2º parte completo da obra.

Concurso de cabazas 2011



    Parabéns para as gañadoras no concurso de cabazas do Samaín : Uxía Lamas e María Pérez de 1º ESO C.

    Enlace para ver as fotos.

20/10/2011

19/10/2011

II Certame de relatos curtos "Agua y Vida"




   O II Certame de relatos curtos "Agua y Vida" que convocou o Corte Inglés resultou finalista (2º premio) Miguel Franco Álvarez co seu relato " Os acordes prohibidos do son do silencio" .

   Entre os 15 seleccionados no concurso tamén estaba  o relato de  Alejandra  Franco Álvarez " Medo a un final".

   Por outra banda no I certame fotográfico "Agua y vida"  resultou seleccionada tamén a fotografía "O cristal de auga" de Andrea Pérez e Andrea Barreal. 

Xornada con Rubén Riós





    A xornada adicada ao cine con Rubén Riós foi un éxito.

   Agardamos con interese a súa  próxima pelicula.

   Mentres tanto  deixámosvos cunhas cantas fotos vosas con Rubén Riós.       FOTOS.


17/09/2011

Proxección da película "Pradolongo"



O vindeiro 7 de outubro o actor Rubén Riós acudirá ao IES "Xesús Taboada Chivite" para ter un coloquio cos alumnos da ESO sobre a película "Pradolongo"