8 de maio de 2024

 Só nos quedaba cantar os Maios e facer unha recompilación de toda a celebración así que aí vos vai!!



Os Maios

6 de maio de 2024

 Xa hai un tempo que o noso alumnado de Lit.Gal. do Séc XX se presentou ó concurso de curtas da ASPG, ímosvolas ensinando.


Musical

 Estamos ultimando os detalles do Musical, xa case está todo listo grazas ó traballo do alumnado, de David se Música e de Isabel de inglés.


3 de maio de 2024

Sostenibilidade




 Dende a clase de Plástica de Rebeca xa van tendo listas as caixiñas para a reciclaxe do papel, mirade que ben lle quedaron!


1 de maio de 2024

Os Maios

 Antes de que remate o día, ensinámosvos o noso maio, as coplas tamén as fixemos e foron nos folletiños que organizou o Concello de Verín.





30 de abr. de 2024

Sostibilidade

 Despois de analizarmos as crises ambientais que houbo en Galicia, e de afondarmos na nosa pesca e de como facela sostibilidade tivemos unha videoconferencia con Paloma Carrillo de Albornoz:científica mariña, bióloga e investigadora que nos explicou termos cómo o Cambio climático  e o Cambio Global; ensinándonos os tesouros que temos nos nosos mares e o importantes que son para a biodiversidade.











26 de abr. de 2024

Proxecto Diversidade

 Esta avaliación seguimos co proxecto de diversidade en 2 ESO entre as profes de galego, e de aquí a final de curso traballaremos a imaxe persoal, os cánons de beleza...Hoxe estivemos analizando anuncios publicitarios para vermos os estereotipos de xénero.