15 de abr. de 2024

Encontro con Eva Mejuto

 Eva Mejuto estivo hoxe no noso centro co alumnado de 3ESO para falarnos dun dos seus libros, lectura común para o alumnado, 22 segundos. Unha obra que conta a historia dunha rapaza transexual.




8 de abr. de 2024



Hai días nos que pedimos que nos conten un conto e non hai quen o faga, e outros temos a sorte de contar con Paula Carballeira e somos público e personaxes á vez porque nos transporta coa súa interpretación.Hoxe por partida dobre, primeiro co alumnado de 2ESO e despois co Club de lectura do profesorado.Só podemos dicir grazas.


5 de abr. de 2024

Radio Chivite

 Seguimos cos nosos Podcasts en 3ESO, esta vez sobre as mostras de teatro popular no Entroido, aínda queda a montaxe pero vai collendo forma.



3 de abr. de 2024

SOSTENIBILIDADE

Dende o Departamento de Educación Física, Miguel Obes preséntanos unha actividade de construción de materiais alternativos  co alumnado de 4º ESO. Dentro da unidade didáctica de deportes de raqueta, incluiu unha actividade optativa que consistía en fabricar unhas palas de PALADÓS. A partir dun vídeo-titorial na aula virtual e 19 de 60 alumnos/as construíron as súas propias.




22 de mar. de 2024

Podcast

Esta semana comezamos a sacar os podcast dos traballos de Formas de goberno, despois de lermos Pyongyang, de Guy Delisle.Escoitade o de Democracia e demagoxia, unha análise pormenorizada de mariña, Zaira e Miguel de 3ºESO A

Podcast Democracia e demagoxia

15 de mar. de 2024

 Onte tivemos no noso centro a Francisco Dubert García da USC para lle falar  de "Que é a gramática" a todo o alumnado de 1Bac. 



11 de mar. de 2024

8 M Día da muller

O noso tamén participou da celebración do 8.M, mirade que creativ@s foron na materia de EP e V